A orde do día

A orde do día

Publica Kalandraka A orde do día de Éric Vuillard, interesante lectura sobre a Segunda Guerra Mundial, a economía e a política. Unha obra para ler e pensar, pero tamén para tremer e sabérmonos vendidos.
Quen logrou eu Hitler estivese no poder? Que houbo detrás? Cartos, apoios. Industriais alemáns déronlle grandes cantidades. Logo, políticos pusilánimes e covardes. Entre todos eles forxouse a lenda dunha besta que conseguiu asasinar a millóns de persoas.
Un punto de vista moi chamativo o do narrador, xa que o libro está contado coma se fose unha conferencia; nela sinala culpables con nome e apelidos. Moitos deles seguen vendendo con marcas ben coñecidas na nosa economía actual. E isto fai que o presente e o pasado, xuntos, sexan máis terribles. Porque o poder económico é camaleónico, capaz de adaptarse a calquera ideoloxía por non perder a súa influencia. Cantas veces é a política a dominante e cantas a dominada? Non podemos deixar de lembrar aquilo de “poderoso cabaleiro é don Diñeiro”.
Que medo.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-02-25T22:19:00+00:00 25 / 02 / 2019|Trafegando ronseis|