A miña familia 3+1=7, de Isha Bottin e Gaspard Talmasse

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/A miña familia 3+1=7, de Isha Bottin e Gaspard Talmasse

A miña familia 3+1=7, de Isha Bottin e Gaspard Talmasse

A-MIÑA-FAMILIA-CAPA-AF(1)Isha Bottin

A miña familia 3+1=7 (Gaspard Talmasse, ilustracións)

Alvarellos, 36 páxinas, 14 €, Santiago de Compostela.

 

En tradución desde o orixinal en francés a cargo da escritora María Reimóndez e coa supervisión de Ana Mirás Moure, Alvarellos Editora publica, na colección Verdemar -a carón doutras novidades- A miña familia 3+1=7, da escritora natural do Quebec Isha Bottin, con ilustracións que chegan da man do artista belga Gaspard Talmasse.

Este álbum ilustrado, inspirado nunha experiencia biográfica da autora, recrea as vivencias que unha nena protagoniza cando descobre que a súa realidade familiar xa é outra ao se incorporaren a ela catro membros máis. O tratamento da historia é, sen dúbida, exquisito, e transmite con fluidez tanto a cerna do conflito que supón aceptar un novo estado de cousas no ámbito familiar e doméstico, mesmo noutro continente diferente ao habitual, coma o poder que repousa nos valores da xenerosidade e do amor, impulsados pola forza que xera a resolución dos obstáculos, de calquera obstáculo, ao facelo con optimismo. Moi recomendable.

Source: Caderno da crítica

2019-06-24T21:07:41+00:00 24 / 06 / 2019|Caderno da crítica|