A merenda do parque

A merenda do parque

Pablo Albo e Cecilia Moreno son os artífices d’ A merenda do parque publicado por Narval. Un álbum orixinal polas ilustracións que mesturan esquemas, vectores, caricaturas, videoxogos… e polo texto, que amosa un final inesperado e diferente que nos deixa pampas e divertidas. En realidade, o máis chamativo é ese “irse do guión” que pensabamos xa polo título e que xoga coa ambigüidade lingüística. O resultado, a descuberta de toda unha fauna sorprendente que habita entre nós, os humanos.


Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2018-01-31T23:27:00+00:00 31 / 01 / 2018|Trafegando ronseis|