A Habana galega: historia e memorias cruzadas

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/A Habana galega: historia e memorias cruzadas

A Habana galega: historia e memorias cruzadas

CCG_ac_2019_congreso-habanaOs vindeiros 7 e 8 de novembro celebrarase o Congreso “A Habana galega: historia e memorizas cruzadas“, organizado polo Consello da Cultura Galega e baixo a coordinación de María Xosé Porteiro e X.M. Núñez Seixas.

O día 7 de novembro, na sesión vespertina organizada baixo o título de “A pegada habaneira na cultura galega” e que forma parte dun amplo programa, bríndaseme a oportunidade de exercer como moderador da mesa redonda “Cuba na literatura galega” e acompañar, así, a catro voces da literatura galega actual que atenderon e recrearon na súa obra creativa este asunto como son Xerardo Agrafoxo, Xavier Alcalá, Rosa Aneiros e María Xosé Porteiro. Será un pracer vervos alí e falarmos de Cuba e a nosa literatura.

Source: Caderno da crítica

2019-10-31T11:18:56+00:00 31 / 10 / 2019|Caderno da crítica|