A editorial Kalandraka crea unha canle audiovisual en Internet

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/A editorial Kalandraka crea unha canle audiovisual en Internet

A editorial Kalandraka crea unha canle audiovisual en Internet

Pontevedra acollía onte a presentación de Kalandraka.tv, a canle audiovisual en Internet que acaba de presentar a editora. O novo proxecto achega novas, reportaxes, entrevistas, booktrailers e outros contidos sobre literatura infantil e xuvenil, orientados tanto ao público lector máis novo como a librarías, bibliotecas ou profesionais deste ámbito. Visitas aos obradoiros de creadores, repasos da traxectoria de clásicos das letras, encontros entre escritores e ilustradores ou visitas a lugares dedicados aos libros para crianzas, así como información das novidades da propia editora, son algunhas das propostas que se poden consultar xa no web desta iniciativa.
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|