A Coru é menos paleta grazas a Indités!

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/O Lugar do Sapo/A Coru é menos paleta grazas a Indités!

A Coru é menos paleta grazas a Indités!

O xigante da moda xerou unha onda de estupidez premium que mellorou a calidade do postureo coruñés.

Dun tempo a esta parte todos os camiños da Coruña conducen a Inditex. Por que abren bares que realmente son escenarios de Instagram? Por que as inmobiliarias especulan aínda máis cos alugueiros dos pisos? Por que se ouve tanta xente falar inglés se os emigrantes non volveron? Por que algúns empresarios facturan millóns de euros mentres aumenta a precariedade? Por que a xente viste toda igual como se a sacasen dun catálogo? Estas preguntas pódense alongar até o infinito. A resposta é sempre a mesma: “É polo capitalismo, estúpido!”

Soy Willy Fog apostador…

Si, o xigante da moda mudou totalmente a cidade. «A Coruña é máis cool e menos paleta. Quitouse ese aire provinciano de merda que teñen da Pasaxe para alá», sostén o economista Arteriancio Saecinemas. «Na praza de Lugo xa non cheira a parrocha, cheira a modernidade», apunta Ano Xacobeez, profesor titular da UDC e adorador oficial de Zara.

A empresa non facilita información segmentada dos seus na Coruña e Arteixo (pueblo de la paila), correa de transmisión de todos estes cambios. Estímase que nestas áreas traballa un lote de xente. Os seus salarios son moi superiores ao teu, sucio mortal. Resulta complicado establecer unha media. Mais, así a ollo, dos 3000 € pasan.

Veño de cazar un oso en Santa Margarida

Ademais, na firma búscase un traballador cualificado, que domina o inglés e sen problemas de mobilidade. É dicir, como a mocidade que de aquí emigra, mais con acento de Madriz.

O exemplo máis evidente atópase na hostalaría. Cando a burbulla inmobiliaria picou, eses miles de albaneis que ficaron no paro puxéronse a abrir bares de deseño coas liquidacións, pois sabían que “lo iban petar, chorbo!”. O resultado? Un catapún de locais cuxo deseño se inspiraba nas cidades internacionais (Nova Iorque, París, Soria…). Vamos, o que lle gusta a esa xente-de-mundo-non-coma-nós-pailáns!

«Alguén podía imaxinar hai dez anos a Franxa ou a Estrela así? Se por alí non pasaba nin un alma e só se podía comer raxo e tortilla!», pregúntase o experto en modas e varianzas Chema Panadeiro.

En Juan Flórez pódese ver todas as mañás persoas de todas as nacionalidades diante do Hotel Histeria. Agardan polo bus da empresa que os levará a Sabón. Son xente elegante, aseada e duchada, que len a Jotdown en móbiles e tabletas caras como o demo. Nada que ver cos farrapentos e coas farrapentas que agardan os buses noutros barrios da periferia.

Celebritieeeeeees!

Outra forma de estar na rúa

Na Coruña, unha cidade capital do postureo, as propostas de Inditex encaixaron como anel no dedo. Nos últimos anos flipas. Na praza de Lugo subtituiuse a cooliflor polo cool a secas. A xente dese trazo maniféstase aí: Gabardinas cando non chove. Lentes de sol cando chove. Bicicletas na man. Pantalóns de chándal con zapatos sen ser heroinómano. E, sobre todo, moita repunancia!

Source: O Lugar do Sapo

2018-02-16T12:00:22+00:00 16 / 02 / 2018|O Lugar do Sapo|