A Biblioteca de Galicia conservará os contidos dos dominios .gal

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/A Biblioteca de Galicia conservará os contidos dos dominios .gal

A Biblioteca de Galicia conservará os contidos dos dominios .gal

Un total de 140 GB de información correspondente aos webs aloxados baixo un dominio .gal pasarán a estar custodiados na Biblioteca de Galicia. A Biblioteca Nacional de España realizou en decembro, por vez primeira e por encarga da súa homóloga galega, unha recolleita de datos destas páxinas, das cales aproximadamente a metade non ten contido. Da outra metade, segundo informa a Consellaría de Cultura, un 26% recolectouse na súa totalidade, mentres que o resto alcanzou o límite de tamaño de 150 MB por dominio. Os datos colleitados pasarán a se integrar na colección web de Galicia e e mais no depósito legal electrónico que custodia a Biblioteca de Galicia. A Consellaría sinala que "a preservación dos contidos dos sitios web que alcanzaron o límite de 150 MB complementarase con recoleccións selectivas xestionadas pola Biblioteca de Galicia, tamén en colaboración coa BNE".<br>
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|