28º Festival Internacional de Banda Desenhada da Amadora

Inicio/CÓMIC/Metrópoles Delirantes/28º Festival Internacional de Banda Desenhada da Amadora

28º Festival Internacional de Banda Desenhada da Amadora

Comezou o Festival Internacional de Banda Desenhada da Amadora, que decorrerá ata o 12 de novembro. A exposición central que está comisariada pola xornalista Sara Figueiredo Costa e foi feita en colaboración có Museo de BD de Angoulême, leva por titulo “Contar o mundo: A reportagem em banda desenhada”. Amais desta, tamén hai outras mostras, como a que reflicte a presenza da BD portuguesa no mercado norteamericano ou a do brasileiro Marcello Quintanilha e a ilustradora Joana Estrela.
O autor português destacado nesta vixesimo oitava edición é Nuno Saraiva, que levou o premio de melhor álbum portugués de banda desenhada de 2016 polo libro Tudo Isto é Fado. Saraiva é tamén o autor do cartaz desta edición e ten unha exposición retrospectiva que resume 30 anos de carreira.
O dia 4, dentro da programación do festival, anunciaranse os gañadores dos premios da BD portuguesa.

Máis información aquí.

Source: Metrópoles Delirantes – Cómic

2017-10-28T18:49:40+00:00 28 / 10 / 2017|Metrópoles Delirantes|